xoves, 13 de marzo de 2014

"Sempre me gustou soñar vida" An Alfaya

O recorrido literario de An Alfaya está marcado por unha banda, pola súa experiencia como actriz e fundadora da compañía Avento do teatro para infancia. Dentro disto destacamos a obra o Maquinista Antón que acadou o Premio Xeración Nós no 1991.
Pola outra banda, o Premio da Casa da Xuventude de Ourense, ao que An Alfayaa concorrería nas edicións de 1991,1992 e 1994. Así mesmo o pracer procurado na lectura, a escritura e a representación aparece tamén como un burato polo que escapar da realidade, como un acubillo para fuxir do destino. Así o amosa Anxélica, personaxe principal da primeira novela de Alfaya, O caderno azul (1996).

Namentres, as liñas desta escritora seguen agasallándonos con mulleres e mozas excepcionais, moi pouco habituais nas creacións destinadas ao público infantil e xuvenil. Salienta, neste sentido ¡Sireno, Sireno! (1997). Así mesmo a subversión polo lado femenino dos roles de xénero ten unha importancia angular nunha das súas últimas novelas, A sombra descalza (2006). 



Bibliografía empregada:

Artigo: A fantasía como arma de Montse Pena Presas.

Grupo composto por:

Noelia Rey Bello
Paula Roca Lema 
Sandra Romero Pato
Natalia Sánchez Martínez
Sandra Verdes Pico

Ningún comentario:

Publicar un comentario