xoves, 13 de marzo de 2014

"Os poetas escriben con lapis namorado [...] con follas de ouro branco [...]"

A obra de Ana María Fernández abarca os xéneros de teatro, poesía e narrativa. Dentro das obras teatrais atopamos: Zapatón e Libiripón, (1977), Grande invento para saír do aburrimento (1987) e O Barco de Vapor (1985 e 1989) que recibiu o premio O facho de teatro do ano 1983.

En canto á narrativa destacan libros tales como  Os amigo do cabeceiro que levou o premio O facho en 1977, Tres países encantados (1986), O Carabicolé (1997) e Traballo de mago (2006), que trata a historia dun mago que abandonou a súa profesión por culpa da idade xa que se sentía vello, e, grazas a unha rapariga saíu de novo do Castelo e decatouse que o que realmente quería era facer felices aos nenos/as.




No traballo desta autora sobresae a poesía con obras tales coma Pola rúa dos versos (1990), Ondas de verde e azul (1994) e Amar e outros verbos (2002) recibindo este último o premio Lazarillo. Todos eles tentan achegar a poesía aos adolescentes cun verso libre no que predominan os sentimentos.




Webgrafía:
http://www.xerais.es/autores.php?tipo=autores&id=200402


Realizado por:
Lorena Fernández Rodríguez
Natalia Sangil Regueiro
Lara Silva García
Ana Varela Darriba
Ángeles Vázquez Coira

Ningún comentario:

Publicar un comentario