“Intentar crear un gusto por
la lectura en los otros, por medio de un sistema que obliga a leer sólo para
hacer un examen, es una forma infalible de inocularle a cualquiera el horror
por los libros”
Con esta preciada sintesí de esta
autora, xa é apreciable a súa visión constructiva en torno a lectura é a vital
importancia que ten para ela o fomento da lectura.
Ana M.ª Machado é unha autora chea de
sentimento en todos os aspectos; no ámbito profesional pódese observar como
tocou diferentes sectores profesionais, todo eles cheos de vida e de
significado para ela mesma. Todos os ámbitos profesionais que compoñen a súa
vida, teñen que ver ca temática artística e co natural e educativo; por dicilo
de algunha maneira con todo o que supón e conten unha carga constructivista,
así podemos apreciar o seu traballo profesional nos seguintes campos:
periodista, profesora, pintora, novelista e escritora.
Naceu en Rio de Janeiro (Brasil) en 1941, a súa
carreira deu comezo así no campo das artes como pintora, comezando os seus
estudos no Museo de Arte Moderno, realizando exposicións tanto individuais como
colectivas. Foi nesta etapa da súa vida cando se deu conta que precisaba das
palabras e deu comezo así o seu traballo como profesora en colexios e facultades.
Certamente estaba cerca unha etapa histórica que truncou en certa medida os
soños profesionais de moitos ilustres autores, a dictadura de 1969, que fixo
que Ana M.ª Machado tivera que coller o camiño do exilio e marchar de Brasil
cara Europa co seu fillo e con varios artigos de carga literaria infantil baixo
o brazo. Esto en certa medida non tivo
unha carga plenamente negativa, xa que Ana María, mentres estivo en Europa
aproveitou a súa estancia e traballou como xornalista na revista Elle e na BBC
en Londres. En 1972 puido voltar de novo a Brasil e comezar a traballar como
xornalista no Jornal de Brasil e na Radio JB; durante esta etapa importante na
súa vida Ana M.ª Machado publicou diferentes obras que fixeron que despertase nela
as gañas de abrir unha librería, esta pasou a chamarse Malasartes, a cal estaba
enfocada a despertar as gañas de ler nas primeiras crianzas e encontrar libros
bos e de calidade.
Finalmente Ana María decide deixar a profesión
de xornalista en 1980, para poder dedicarse plenamente a escribir, que era o
que de verdade lle enche profesionalmente e no que podemos apreciar que
sobresae notablemente; deste modo Ana Mª Machado foi premiada en numerosas
ocasións; entre os premios que recibiu constan os seguintes:
-No ano 2000, gañou o premio Christian
Andersen, un premio considerado moi importante no ámbito da literatura para
nenos/as en todo o mundo.
-No ano 2003, Ana María foi outorgada
como presidenta na Academia Brasileña de Letras, sendo así por primeira vez elixida
unha autora que realmente ten un papel verdaderamente significativo para os
nenos/as.
As obras maestras desta autora teñen unha
influencia plena da natureza, traballa cada libro como unha peza única, deste
modo podemos apreciar unha gran carga persoal nos seus libros e o mesmo tempo
mergullarnos con gran facilidade no interior das súas obras.
Incluimos tamén unha entrevista que podedes apreciar no link que adherimos na webgrafía, no que podedes presenciar unha entrevista entre Luiz Lobos xornalista e Ana M.ª Machado; nesta entrevista moi amena e chea de complicidade entre ambos, faise un repaso amplio o longo de toda a vida profesional de Ana María, dende os seus inicios ata a actualidade.
http://youtu.be/w_orgLz5fM4
En canto a bibliografía de Ana M.ª Machado, destacamos as seguintes obras:
Niña bonita (2007); a cal narra unha historia chea de sentimento e impregnada de simboloxía e diversidades, no cal un conexo branco con nariz sonrosado queda prendado dunha nena negriña moi bonita e quere ser como ela, así mostrase a diversidade e a simboloxía das razas e diferencia rasgos dun xeito amoroso e bonito.
Bisa Bia, Bisa Bel (2013); Narra unha historia de amor entre unha neta e súa bisavoa, unha historia doce que fai entender a vida e na cal mostrase como unha nena empeza a querer indagar acerca da sua bisavoa a partir de que encontra unha caixa chea de fotos no armario; a partir de aquí empeza unha tripidante historia fermosa narrada chea de agarimo.
Webgrafía:
https://www.youtube.com/watch?v=w_orgLz5fM4&hd=1
http://www.lecturalia.com/autor/6697/ana-maria-machado
Autores:
Jéssica Carreiras López
Adrián Fernandez Fernandez
Alba Rodríguez Sanmartín
Alba Villarino Palmaz
Ningún comentario:
Publicar un comentario