mércores, 26 de marzo de 2014

"O escaravello que me levou á Exipto"



Os escaravellos voan á tardiña”, a simple vista soamente é un libro, pero no seu interior garda todo o misterio do antigo Exipto e unha apaixoante historia de amor, que fará que queiras lelo, relelo e recomendalo. 

 Neste intre, temos a sorte de poder adaptalo para nenos de educación infantil. Ademais, no libro atopamos ilusión, soños, desexos, intriga e acción, que dende o punto de vista dos nenos son temas que lles interesan.

Por outra banda, a historia céntrase nunha misteriosa estatua exipcia que da moito xogo a hora de realizar actividades e traballar esa cultura. Debido a isto, decidimos escoller Exipto e os faraóns para facer a nosa adecuación. Anímate a seguír lendo! Sorprenderaste do que a historia é capaz de conseguir!

Con esta actividade pretendemos conseguir os seguintes obxetivos:

- Desenvolver o interese pola lectura dos máis cativos.
- Desenvolver o gusto polos libros
- Desenvolver a atención e a comprensión lectora.
- Desenvolver a memoria visual.
- Desenvolver a imaxinación e creatividade dos nenos.
- Espertar a curiosidade por outras culturas.

Xa nos fixemos un pouco de rogar, agora ímosche explicar á nosa adaptación.  Se fose ti seguía lendo, que sabemos que tes curiosidade.

O primeiro que imos facer é contarlles un conto aos nenos sobre un neno de Exipto:


                                                          “Estatua, pero antes non estabas

Hola son Horus, teño cinco anos e vivo con papá e mamá en Exipto e vouvos contar unha cousa que me pasou un día.

Eu, iba camiñando con mamá polo gran campo de area. Miña nai sempre me dicía que o que eu chamaba así, en realidade se chamaba deserto.

A min gustábame repetir as palabras novas que me ensinaban e, naquela ocasión, adiviñades o que fixen? Exacto!Berrei; o deserto, o deserto, o deserto...

De súpeto quedei en silencio, mudiño, como cando papá pronuncia o meu nome por facer algunha trasnada. Diante de min e de mamá, apareceu unha gran estatua, alí, no medio da cidade, no medio de Exipto.

Cando vin aquilo, collín moito medo e agarrei moi forte a mamá da man. Ela ó ver que me asustaba, explicoume que era a estatua do faraón, unha nova que lle fixeran polo seu aniversario.
Púxenme  tan contento, que fun para a casa repetindo o faraón, o faraón, o faraón!

Cando chegamos á casa, pregunteille a papá o que era un faraón e porque lle facían unha estatúa, xa que eu a única estatua que coñecía, era a que facíamos os meus amigos máis eu, cando xogabamos a ese xogo de quedar quietos. Papá contoume o que era un faraón e a importancia que tiña na nosa cidade. 

Cando o souben, sorprendido, marchei correndo, tiña algo importante que facer, o que me acababa de contar meu pai non podía ser certo. Ou si?


E vos coñecedes algo sobre o antigo Exipto? Sabedes o que é un faraón? Que credes que lle diría o pai a Horus? Serian malos os faraóns?

Seguro que estades desexosos de coñecer máis cousas sobre Exipto e sobre os faraóns. Que vos parece se búscamos en internet, haber se atopamos algo? Veña imos!


Chegados a este punto xa sabedes o que é un faraón e a importancia que tiña en Exipto.
Cómo? Que averiguastes que os faraóns vivían nunhas casas con forma de triángulo? Como se chaman esas casas?

Moi ben, esas “casas” chámanse pirámides e ademais sabedes como se facían.

 


Agora imos facer algo ben divertido, e que a todo neno lle encanta. Disfrazarnos de faraóns! Si si como o les, hoxe os reis de Exipto, somos nós.



 Estamos chegando ó final desta adaptación, que ben o pasamos, contando o conto, disfrazándonos de faraóns, sendo reis e incluso fixemos algúns bloques de pirámide. Pero... recordades quen escribiu a marabillosa historia que nos levou a esta aventura tan divertida? Haber que recordamos dela? E se miramos no libro haber que nos conta da escritora?




  
E para rematar, debuxamos o noso propio faraón, que coa súa presencia nós fixo soñar, ilusionarnos e disfrutar, cada anaquiño un pouquiño máis.





Gustounos moito esta actividade, pero agora tócache a ti emocionarte, gozar, e facer dos nenos da túa aula os reis exipcios do colexio. 
Seguro que lles gustará moito poder descubrir cousas doutra cultura, buscar información e neste caso disfrazarse e ser por un anaquiño “Os faraóns” 

Veña, anímate a levala a cabo, e recorda que a lectura ofrece infinitas posibilidades de traballo sempre dende unha perspectiva lúdica.



Autoras:
Lara Camiño Villar
Rebeca Capón Macía
Patricia Castro Patao
María chouciño Reigía
Eva Fernández Campos



Ningún comentario:

Publicar un comentario