mércores, 26 de marzo de 2014

As mulleres dos escaravellos voan á tardiña.

 No tocante aos personaxes femeninos que aparecen na obra “Os escaravellos voan á tardiña” cremos importante destacar a tres, que dende o noso punto de vista, son os máis relevantes ao longo da historia.

O primeiro personaxe feminino que intervén é Annika, irmá de Xonás e amiga de David. Annika é unha rapaza responsable, pouco impulsiva e pensa moito nas consecuencias das accións levadas a cabo. Ademáis, tamén é discreta, xa que non lle gusta contarlles ós demais os descubrimentos que van recollendo ao longo da búsqueda.

En cambio, coa xente coa que ten confianza, como o pastor Lindroth, é a primeira en opinar que lle deben contar os seus descubrimentos para obter a súa axuda.

Gústalle moito traballar na tenda dos pais e, dende o punto de vista do lector, pódese observar un sentimento de amor cara David que, aínda que no libro non se explícita claramente, obsérvase na súa actitude cara el.

Outro personaxe que destacariamos é Xulia, a dona da casa de Selander que arrenda a unha inquilina, e á cal os nenos van coidar as plantas. Dende ese momento, Xulia chama para falar con David, co que xoga ao xadrez por teléfono; durante as súas intervencións telefónicas, Xulia, proporciona información que resultará moi valiosa para a investigación que están levando a cabo os protagonistas. Cara ó final do libro, cando rematan a partida, Xulia colga o teléfono e desaparece misteriosamente ata que, ó final da historia, se descobre que Xulia morrera o primiero día en que os tres rapaces entraron na casa para coidar as plantas.

Tamén cómpre destacar a figura de Emilie que, pese a ser un personaxe que unicamente se coñece a través dunhas cartas, é un dos pilares fundamentais da historia. Os protagonistas descubren estas cartas por casualidade na casa de Selander; nelas descríbese a época na que viviu Emilie e a súa historia de amor con Andreas. Era unha rapaza que , a pesar da súa boa posición social, foi vítima dun matrimonio de comenencia, habitual naquela época, nesta ocasión acordado polo pai para evitar a relación de Emilie co seu verdadeiro namorado, Andreas.

Este personaxe está marcado por unha vida chea de desgrazas e mala sorte que a levará a un tráxico final.

Ademais disto, tamén aparecen outros personaxes femininos como a nai de Annika, a señora que tiña a casa de Selander arrendada ou a irmá de Andreas, Magdalena, que se enviaba cartas con Emilie; pero que non aportan nada relevante á trama principal.

Autoras:
Lara Camiño Villar
Rebeca Capón Macía
Patricia Castro Patao
María chouciño Reigía
Eva Fernándezs Campos

Ningún comentario:

Publicar un comentario