martes, 25 de marzo de 2014

Mozas ao poder!


Neste post, imos a reflexionar sobre a presenza das personaxes femininas da obra de Pippi Calzaslargas, xa que son as únicas mulleres relevantes que aparecen nas tres obras que manexamos.

Pippi, como ben sabemos, é a personaxe principal desta obra. Trátase dunha nena de 9 anos que vive nunha casiña de campo coa única compañía dun cabalo e un mono chamado Mr.Nilsson. “No tenía padre ni madre, lo cual era una ventaja, pues así nadie le mandaba a la cama precisamente cuando más se estaba divirtiendo, ni la obligaba a tomar aceite de hígado de bacalao cuando le apetecían los caramelos de menta”.  
En canto ao seu aspecto físico, relátase perfectamente na obra do seguinte xeito: “Su cabello tenía exactamente el color de las zanahorias y estaba recogido en dos trenzas que se levantaban en su cabeza, tiesas como palos. La nariz parecía una diminuta patata y estaba sembrada de pecas. Su boca era grande y tenía unos dientes blancos, de niña sana”. 
Por outra parte, un aspecto fundamental da personaxe era a súa peculiar personalidade ao tratarse dunha nena traste, revoltosa, pouco tímida, amiga dos seus amigos, respectuosa cos animais e defensora das causas perdidas. Por esta razón, na nosa opinión consideramos que é unha cativa que rompe cos estereotipos de nena boa (tan propios da literatura da época) e non se trata dun modelo a seguir por parte dos nenos. 
Non obstante, as compoñentes do grupo pensamos que é unha lectura divertida para todos os públicos, xa que ten un punto de vista moi peculiar e atolado do mundo. E aínda que no noso país non acabou de chamar a atención en gran medida, nos países nórdicos debido ó seu estilo de vida e a súa forma de pensar, tivo unha gran repercusión que se traduce en grandes exposicións e instalacións dedicadas á figura de Pippi e da súa autora, Astrid Lindgren.





Annika é a amiga e veciña de Pippi e como moi ben se relata na obra, unha definición clara dela sería a seguinte: “no se enfadaba nunca cuando no podía salirse con la suya, y llevaba siempre vestiditos de algodón muy limpios y bien planchados”. Polo tanto, podemos destacar desta breve descripción que esta cativa constitúe totalmente a  antítese de Pippi, xa que se trata dun personaxe bo, educado e obediente e que, ao contrario que a protagonista, esta si ten unha familia que a coida e vela por ela e máis polo seu irmán Tommy. E, finalmente, aínda que Pippi e Annika son moi opostas, lévanse moi ben e ambas buscan a diversión e goce mediante a realización de aventuras e xogos plenamente divertidos.

Como conclusión, dicir que isto demostra indirectamente que os nenos e nenas non teñen prexuízos á hora de buscar amizades e que debe ser un valor que debemos inculcar como futuras docentes. Avogamos por unha educación libre, sen imposicións e onde o propio alumno sexa o protagonista, pero nunca chegando ós extremos do comportamento que ten Pippi, xa que non conta con rutinas, normas ou regras estables.

Grupo 2:
Beatriz Grandío Mosteiro
Lara Lence Real
Alicia Martínez Rama
Cristina Mendoza Vázquez
Noelia Montecelos Madarro 

Ningún comentario:

Publicar un comentario