"No siempre me he sentido libre, pero lo he procurado. Esa ha sido mi principal lucha." Así é como se define a autora Ana María Matute, nada no ano 1926 en Barcelona, e que destacou como novelista española dende moi nova xa que con tan só cinco anos escribiu o seu primeiro relato ilustrado por si mesma, como froito da súa timidez e as dificultades para comunicarse de maneira oral debidas á súa tartamudez.
Aos oito anos volveu revivir unha tráxica situación, volveu caer enferma, como xa lle ocorreu anteriormente, o que desembocou que a levaran xunto dos seus avós a Logroño e ingresar así nun colexio relixioso en Madrid.
Ana María Matute inverte o seu tempo lendo, concretamente gústalle a novela negra, facer crucigramas nada máis erguerse da cama e dedica parte das mañás a seguir escribindo para a infancia xa que como ela mesma di: "hay cosas en ellos que los adultos no entienden, estos textos sólo los comprenden bien los pequeños." Non obstante, os seus libros tamén teñen éxito entre os adultos.Aos oito anos volveu revivir unha tráxica situación, volveu caer enferma, como xa lle ocorreu anteriormente, o que desembocou que a levaran xunto dos seus avós a Logroño e ingresar así nun colexio relixioso en Madrid.
A principal motivación que ten esta autora, ademáis do seu fillo, de quen tivo que estar separada tres anos por mor do réxime franquista, quen lle outorgou a custodia do mesmo ao pai trala separación, era: "Ese abuso del débil por el fuerte, sexual, social, laboral, es lo más me impulsa a escribir. Y luego la falta de comunicación, la falta de interés por comprender al otro, que cada vez se agudiza más. Y el odio entre hermanos, el cainismo, que está en todos mis libros, que no sé si vendrá de la guerra civil."
As súas obras amosan un gran compromiso social, partindo da visión realista que lle tocou vivir, adentrándose na imaxinación e nun mundo de fantasía, no cal predomina o sensorial, emocional e o delicado.
"Sólo un pie descalzo", "Los Abel" ou "Los soldados lloran de noche" son algunhas das súas obras máis destacadas.
O seguinte vídeo fai un breve percorrido pola vida e traxectoria desta autora.
Webgrafía
http://www.clubcultura.com/clubliteratura/clubescritores/matute/bio.htm
https://www.escritores.org/biografias/315-ana-maria-matute
http://www.lavanguardia.com/magazine/20130419/54371257896/ana-maria-matute-escritora-literatura-entrevista-magazine.html
O seguinte vídeo fai un breve percorrido pola vida e traxectoria desta autora.
Webgrafía
http://www.clubcultura.com/clubliteratura/clubescritores/matute/bio.htm
https://www.escritores.org/biografias/315-ana-maria-matute
http://www.lavanguardia.com/magazine/20130419/54371257896/ana-maria-matute-escritora-literatura-entrevista-magazine.html
Pamela Campos Andión
Beatriz Castiñeira Barreiro
Ana De La Calle López
Rocío Fernández Rodríguez
Raquel Fernández Sanfiz
Moi interesante e propia a entrada, gustoume moito. É importante que revisedes a lingua, hai algunha gralla neste aspecto
ResponderEliminarMontse Pena