venres, 7 de marzo de 2014

Lygia Bojunga

Ata o ano 1971, os textos literarios que podiamos atopar, compoñíanse de textos destinados á formación moral dos lectores e no mercado contaban, sobre todo, con libros provintes de Portugal. Pero nesa data produciuse un cambio, a aparición da reforma da ensinanza no Brasil.Con esta reforma abandonáronse estes textos para adoptar outros dos propios autores brasileiros  e ampliando o mercado con obras máis lúdica e imaxinativas, que invitan a unha lectura reflexiva e crítica. A partir disto moitos autores nacionais comezan a acadar unha gran importancia, entre os que destaca “a maga brasileira”, Lygia Bojunga.

Esta escritora brasileira é unha das máis recoñecidas na literatura infantil e xuvenil. Nada o 26 de agosto na cidade de Pelotas, en Río Grande do Sul, Brasil, no ano 1932. Actualmente vive entre Londres e Río de Xaneiro, onde se segue dedicando a escribir. Nun principio comezou a estudar menciña, pero ao pouco tempo abandonou estes estudos para dedicarse ao teatro e orientándose e dedicándose  finalmente á escritura “porque se sente feliz ante a súa mesa de escribir, rodeada de libros, dialogando coas súas persoaxes”, aínda que compaxinado isto co seu activo traballo escribindo diferentes escritos para televisión e radio.


Esta autora deuse a coñecer no ano 1972 co libro titulado Os colegas, co cal conseguiu o primeiro premio no concurso de literatura infantil do Instituto Nacional do Libro. Posteriormente tamén escribiu outros dous libros moi destacados, Angélica (1975), que ten o Selo de Ouro da Fundación Nacional do Libro infantil e xuvenil de Brasil, e A Bolsa Amarela (1976), que tres anos despois á súa publicación, foi escollido para formar parte da Lista de Honra do IBBY e tamén como mellor libro para nenos. Ademais tamén conta co premio Astrid Lindgren que lle foi entregado polo conxunto da súa obra en 2004.

Os seus libros están destinados a un lector xuvenil, os cales destacan por tratar temas orixinais, motivo polo cal conseguiu outro premio, o Premio Andersen (Premio Novel de LIX)  en 1982.

“As vezes a gente quer muito uma coisa então acha que vai querer a vida toda. Mas aí o tempo passa. E o tempo e o tipo de sujeito que adora mudar tudo.” Isto reflíctese en moitas das súas obras, nas que destaca o seu estilo propio, a imaxinación e o humor dentro de historias reais onde as persoaxes teñen as súas propias ideas sobre o mundo.
Fontes:
 http://www.casalygiabojunga.com.br/
http://gl.wikipedia.org/wiki/Lygia_Bojunga_Nunes
Biografía das súas obras
Grupo: 
Natalia López Belón
Irene Manerio Cuesta
Lucía Meijide Candal
Diego Moreiras González
Lara Mosquera López

1 comentario:

  1. Concisos e precisos. Non nos contades nada sobre a literatura infantil brasileira. Quizais poderiades engadir algo por aí. E o Premio Andersen non é nada máis nin nada menos que o chamado "Nobel" da LIX! Ánimos!

    Montse Pena

    ResponderEliminar