
El cuento de Perico el conejo travieso
O primeiro conto co que Beatrix Potter nos introduce neste mundo fantástico relata a historia de Perico, un coello desobediente pero chistoso, que unha vez máis "fai oídos xordos" ás ordes da súa nai. Descubride vos mesmos a onde levaron, desta vez a Perico, as súas trasnadas... aaai Perico, Perico!!
"Perico que era un conejito
muy travieso, se fue derecho al ..."

El sastre de Gloucester
Esta imaxe aparece reflexada no terceiro conto de dita edición, nela un vello sastre atópase en grandes apuros así que ratiños e ratiñas axudaranlle a resolver a situación..... conseguirano?
"¡No queda hilo! ¡No queda hilo!"
Mentres tecían cantaban cancións:
"Buzzz, dice la mosca;
hummm, dice la abeja.
Zumba que te zumba
en nuestras pobres orejas"

El cuento de La Oca Carlota

"Pero en cuanto al nido... ¡eso
tiene fácil arreglo! En mi cabaña
tengo un saco lleno de plumas..."
Canciones infantiles de Manzanitas Verdes
Manzanitas Verdes é un dos personaxes do apartado de canción do libro de Beatrix Potter.
Trátase dun libro moi ameno de cancións breves para os máis pequenos, con moitas ilustracións creadas pola propia escritora.
" Manzanitas Verdes, ¡qué
ojitos más pillos!
Con mucho cuidado,
roba los quesillos.
Eliximos estes catro contos da edición citada porque nos parece que teñen aplicación nun aula de infantil. Son moi amenos e entretidos, e a partir deles pódense traballar diferentes valores como a colaboración, a amizade, a infancia...
Por outra parte, a súa temática conduce ao alumnado a un mundo fantástico e imaxinario a través de animais e plantas, os cales adoitan causar grande interese no mundo infantil.
Durante a lectura destes contos, os nenos e nenas poden interactuar con nós, xa que despois de contar as historias varias veces quedaranse con fragmentos que aparecen nelas, nos que a rima está presente.
As ilustracións son moi elaboradas e realistas, o que lle permite ao neno acceder a unha representación do mundo real.
Os textos son de fácil comprensión pero a gran cantidade de nomes extranxeiros poden chegar a ser un obstáculo á hora de contalos nun aula de nenos e nenas de infantil, xa que pode supor que estes se perdan na lectura ou que deixen de prestar atención porque creen confusión.
Bibliografía:
http://biblioabrazo.wordpress.com/2010/11/08/beatrix-potter-cuentos-completos/
http://lamujerque.blogspot.com.es/2010/10/canciones-infantiles-de-manzanitas.html
"Cuentos completos de Beatrix Potter". Editorial Beascoa. Sexta Edición setembro 2013
Realizado por:
Luis Herrero Losada
Fátima Iglesias Núñez
Begoña López Ansemil
Tamara Mato Mella
Ningún comentario:
Publicar un comentario