domingo, 23 de marzo de 2014

As mulleres son unha obra

Os personaxes femininos dos libros da autora adoitan ter unha gran importancia e ser moi contrastantes entre eles. Neste caso imos a falar dos personaxes femininos que aparecen na obra A bolsa amarela, na que a muller ten un papel fundamental desde diferentes perspectivas. De A bolsa amarela gustaríanos destacar as seguintes personaxes:


  • Raquel é a protagonista da obra A bolsa amarela. É o personaxe feminino máis relevante xa que todo o argumento se desenvolve ó seu redor. Ésta transpórtanos a un mundo imaxinario creado por ela mesma, pero a cal nunca lle deixan abandonar o mundo real de todo. A pesar de ser unha rapaza, ten moi claros cales son os seus desexos: haber nacido neno, ser escritora e ser maior. A través destes desexos móstrase unha imaxe da muller diferente á que se podía ter nese momento: o desexo de ser escritora e non simplemente a dedicarse á súa casa ou a un marido, a visión dos nenos do mundo dos maiores, a nulidade dentro da súa propia casa na toma de decisións; e sobre todo, a maior importancia do home sobre a muller: “os nenos poden xogar a pillar, poden subir as árbores...” di Raquel. 

  • A nai de Raquel é unha muller propia da época na que se desenvolve A bolsa amarela. Unha muller que vive para a súa casa, os seus fillos e o seu marido, que intenta sacar a Raquel de ese mundo fantasioso que a rodea. 

  • Brunilda é a tía de Raquel, unha muller moi feminina que lle gustaba amañarse e mercar todo o que pode. A súa familia era unha familia acomodada e ela vivía para sí mesma, non desempeñaba ningunha tarefa no fogar xa que seu marido non llo permitía e lle daba cartos para comprar cousas e estar sempre elegante. Isto móstranos as desigualdades que se daban e en moitos casos que se dan hoxe en día. Cando non utilizaba xa moitas das prendas leváballas a Raquel e a súa familia practicamente novas, facendo patente o derroche da familia máis acomodada e as necesidades que podía pasar a familia de Raquel, sempre intentando quedar ben diante da tía Brunilda. 

  • A irmá de Raquel, ao igual que o resto da súa familia tentaba sacar da cabeza todas as súas fantasías. Unha rapaza que intentaba agradar e que deixaba de lado a Raquel, a súa irmá pequena, por que só pensaba en “trapalladas”. 

  • A Paraugas, un obxecto humanizado de xénero feminino escollido por ela mesma ó nacer. A paraugas ten un papel importante nesta obra xa que trata a figura de ser muller desde outro punto de vista. Mostra unha muller loitadora, que loita polos seus desexos e axuda á nosa protagonista a que se sinta orgullosa de ser muller a pesar de non habelo escollido voluntariamente. 

  • Lorelai e súa nai. Estes son dous personaxes femininos que aparecen nun momento determinado da historia e marcan a diferenza co que se leva a contar en todo o libro ata o momento. Viven dentro dunha familia na que teñen voz, que poden tomar parte en todas as decisións e poden facer calquera cousa ou traballar ao igual que os homes cos que viven. Mostran outra parte das mulleres a que Raquel non está acostumada, pero que isto a axuda a coñecer outro mundo ou outra forma de vivir.



Todas estas mulleres vanse relacionando ó longo da historia de xeitos diferentes, e crean un mundo ó redor de Raquel, no que se perciben mulleres totalmente diferentes desde a maneira de tratar a propia protagonista, os desexos e principios de cada unha delas, a súa evolución, ...

Como vemos este libro trata diferentes temáticas a través das propias personaxes como a diferenza de clases. En parte fai un percorrido polas diferentes mentalidades que podemos atopar durante a historia e a súa evolución: as mulleres que marcan diferenza están presentes.

BIBLIOGRAFÍA
Bojunga Nunes, Lygia (1989). A bolsa amarela. Editorial Espasa-Calpe, S.A. Madrid.

AUTORES
Natalia López Belón
Irene Maneiro Cuesta
Lucía Meijide Candal
Diego Moreiras González
Lara Mosquera López

Ningún comentario:

Publicar un comentario